O NOSO MONTE IMPORTA

Comunicado de apoio de Greenpeace
Greenpeace apoya la manifestación de Orense contra los incendios forestales

La organización convoca a sus socios y Grupos de Apoyo a acudir a la

manifestación del sábado 1 de octubre convocada por el Comité de Defensa do

Monte Galego

La organización ecologista Greenpeace califica el año 2005 como el peor en

la última década en materia de incendios forestales. La superficie quemada

hasta la fecha supera las 153.000 hectáreas, y continúa aumentando. Además,

este año hay que añadir la muerte de 11 operarios anti-incendios en el

incendio de Guadalajara.

Galicia encabeza todos los años las estadísticas de incendios, donde se

producen más del 40% de los incendios declarados en el territorio español.

Desde 1998 han ardido en Galicia más de medio millón de hectáreas,

aproximadamente la cuarta parte de la superficie forestal gallega. La

incidencia de los incendios forestales en Galicia es de 8 a 12 veces

superior a la media estatal, en condiciones climáticas más húmedas.

Greenpeace considera urgente que se aborde el nuevo escenario y que se

acometan políticas de prevención de los fuegos abordando cada una de las

causas de los incendios en los montes españoles fomentando la investigación

y lucha contra la impunidad, pero preparando a los bosques y ecosistemas

forestales para los cambios producidos por el calentamiento del planeta.

Para apoyar las demandas del Comité de Defensa del Monte Galego, Greenpeace

ha convocado por mail a sus socios para que acudan mañana sábado, día 1 de

octubre, a las 20:00 h., a manifestarse para pedir “Lume Nunca Mais”. La

manifestación partirá desde el Pabellón de los Remedios y terminará en la

Plaza Mayor, donde se dará lectura de un manifiesto elaborado por el

escritor Xosé Carlos Caneiro.

O sábado a Ourense
O vindeiro sábado 1 de outubro a cidadanía galega vai volver saír a rúa para manifestar a súa rabia e indignación perante unha nova catástrofe ecolóxica con terríbeis consecuencias para o noso país, e con causas diversas, incertas ou ocultas para boa parte de nós: os incendios forestais.

Na manifestación, que será en Ourense e sairá ás 20h do Pavillón dos Remedios, xuntarémonos cidadáns e cidadás de todo o país e tamén colectivos do máis diverso, dende partidos políticos e sindicatos ata agrupacións ecoloxistas e culturais, institucións, traballadores forestais e de brigadas antiincendios, xente afectada polos lumes directamente e todos aqueles que nos sentimos afectados por perder de maneira devastadora un patrimonio colectivo único, tanto no económico como no cultural e ambiental, como é o noso monte.

O noso obxectivo primeiro é demostrar que o pobo galego está unido unha vez máis perante a desgraza ecolóxica e que non pensa seguir de brazos cruzados mentres o noso país arde polos catros costados.

A cidadanía, as institucións e as forzas sociais deben tomar conciencia de o monte é un patrimonio colectivo que paga a pena coidar, e que os incendios non son casuais nin conxunturais senón un síntoma e unha consecuencia gravísima doutro problema aínda maior: o abandono do monte e do medio rural galego. A devastación e a obtención de recursos a curto prazo está a esquilmar as posibilidades do monte como fonte de riqueza sostíbel, un tesouro que se coidamos pódenos durar para sempre.

Facemos a manifestación en outubro, cando os lumes comezan a apagarse, para aprendermos a lección entre todos e empezarmos a pensar, en frío, nunha auténtica política de prevención dos lumes: cómpre ter claro que os incendios apáganse no inverno.

Facémola en Ourense porque é sen dúbida a provincia máis afectada polos lumes forestais: no que vai de 2005 foron calcinadas 25.000 hectáreas das 50.000 que arderon en toda Galiza. A cidadanía galega demostrará así a súa solidariedade coa Galiza interior, a máis abandonada polos gobernos, as empresas, os medios de comunicación e a propia poboación. Poñendo de manifesto a súa importancia para a riqueza e o desenvolvemento sostíbel deste país.

E queremos sobre todo chamar a atención das institucións para que muden dunha vez por todas a política forestal. Pedimos sentidiño, boa xestión e transparencia, e medidas eficaces en canto á extinción e prevención dos lumes e o coidado do noso monte. Xuntámonos para berrar que non queremos lumes NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA.

Agardámosvos.

A alerta máxima por risco de incendios manterase en outubro
La Voz de Galicia, 25.09.05

Razóns para ir de mani
Os lumes forestais constitúen un dos principias problemas da nosa terra, son o maior factor destructor da cuberta vexetal. A incidencia dos incendios nos ecositemas galegos é de 8 a 12 veces superior á media estatal, malia as súas condicións climáticas máis húmidas.

As consecuencias dos lumes son nefastas: erosión do solo, destrucción de fauna e flora, deterioración da paisaxe, contribución ao cambio climático global, perdas económicas polo estrago de recursos forestais, perda de biodiversidade,…

A superficie forestal galega é o 7,7 % da superficie forestal do Estado.

No período 1991-2004 en Galicia producíronse o 52,4% dos incendios forestais do Estado español. Neste período a superficie calcinada galega é, dependendo do ano, de entre o 18 % ao 40,14 % do total estatal.

En Galicia prodúcese unha media de 1 incendio forestal por cada 2 quilómetros cadrados de superfice forestal, no Estado a media é de 1 incendio forestal por cada 25 quilómetros cadrados de superficie forestal.

A media de incendios forestais no conxunto da Unión Europea na última década é de 45.000 incendios por ano.

No que vai do ano 2005 no Estado español calcináronse arredor de 153.000 hectareas, desta superficie perto de 50.000 hectáreas eran ecosistemas forestais galegos que forón estragados por máis de 10.000 lumes. En Ourense a superficie afectada supera as 25.000 hectáreas.

En Galicia o 99,14 % dos incendios forestais son provocados pola actividade humana (período 1968-2003) polo tanto son evitables e en moitos casos previsibles.

•	Dados do “European Forest Institute”, “Ministerio de Medio Ambiente”, “Xunta de Galicia”, “Centro Superior de Investigaciones Científicas”.

Os galegos e galegas o conxunto da cidadanía somos os que temos que rematar con este grave problema enquistado, con este endemismo anacrónico. Non se pode aturar por máis tempo a situación insostible actual.

Debe abrirse un amplo debate social sobre a problemática dos incendios forestais e débese considerar a política de loita contra incendios forestais como unha política de Estado.

Na busca de solucións deben de participar tódolos grupos políticos, os distintos axentes sociais e económicos do sector, tratar en profundidade as directrices precisas para acadar o necesario consenso contra os lumes forestais.

Non debemos esquecer o deber que todos e todas temos de conservar o patrimonio natural e a o obriga de facerllo chegar as futuras xeracións, como pouco da mesma forma en que nós o atopamos.

O Noso Monte Importa. Lume, Nunca Máis

Enlázanos
Axuda a espallar a convocatoria da manifestación pola rede. Este blog irase actualizando coas novidades sobre a manifestación e con información sobre incendios e política forestal aportados polo Comité en Defensa do Monte Galego, así como as reseñas e novas relacionadas que aparezan nos medios de comunicación. Podes contactarnos no correo-e  lumenuncamais@gmail.com.

Para enlazarnos dende o teu sitio web:

Báner horizontal. Clica na imaxe para obtelo a 760x175 px.

Báner cadrado.

Convocatoria rolda de prensa
LUME NUNCA MÁIS: MANIFESTACIÓN NACIONAL

1 DE OUTUBRO EN OURENSE

O Comité en Defensa do Monte Galego convoca a todos os cidadáns e cidadás de Galiza á unha manifestación nacional que terá lugar o vindeiro sábado 1 de outubro na cidade de Ourense ás 20:00 h para reclamar unha nova política forestal de prevención e loita contra os incendios que están a arrasar o monte galego. A saída terá lugar dende o Pavillón dos Remedios para rematar na Praza Maior, onde se dará lectura ao manifesto elaborado polo escritor Xosé Carlos Caneiro.

Baixo o lema LUME NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA, os diferentes colectivos que conforman este comité fai unha chamada ás institucións e á sociedade civil galega para que tomen conciencia das medidas urxentes que o comité reclama no documento de BASES EN DEFENSA DO MONTE GALEGO que adxuntamos.

Para presentar a convocatoria, as razóns e as propostas do Comité de Defensa do Monte Galego, así como os últimos informes sobre a catástrofe dos incendios no noso país, estarán presentes na rolda de prensa: Lito Prado, voceiro de ADEGA; Xosé Manuel González Gutiérrez, de Esquerda Unida; Xosé Santos, axente forestal e Henrique Banet, presidente da Fundación Galicia Verde e director do programa Senda Verde da TVG.

A rolda de prensa será este mércores 21 ás 11:30 na sé comarcal da C.I.G., no edificio sindical do Parque de San Lázaro, nº 12, 4º andar, en Ourense.

Alarmante aumento dos lumes no 2005
Segundo o último informe emitido polo Ministerio de Medio Ambiente o pasado 11 de setembro, no que levamos de 2005 un 26,5% de monte galego máis que no 2004. E un terzo das hectáreas queimadas no territorio español eran galegas.

Galicia Hoxe, 19/09/05:  Os lumes aumentaron nun 24,5% dende 2004.

Vieiros, 19/09/05: A superficie queimada en Galiza este ano é un terzo da total do Estado.

La Voz de Galicia, 19/09/05: Galiza acapara un terzo do terreo arrasado polos incendios neste ano.

Proposta de CC.OO. Galicia
APORTACIÓNS DO SINDICATO NACIONAL DE GALICIA DIANTE DA PROBLEMÁTICA DOS INCENDIOS FORESTAIS PARA O CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL (CES)

O Sindicato Nacional de CC.OO. Galicia ven seguindo o problema que supoñen os incendios forestais e a súa evolución dende fai anos.

Esta preocupación da nosa organización é debida o interés pola conservación da natureza e dos ecosistemas forestais así como pola perda de recursos productivos de todo tipo, perda asociada aos efectos devastadores dos incendios forestais que tan negativamente afectan ás maltreitas economías e o emprego no medio rural. É moita a población rural que aínda vive dos nosos montes e bosques e do que representan estes ecosistemas naturais: madeira, cogumelos e froitos, gandeiría, turismo, caza, pesca, apicultura…mais como valoramos e quen lle pon precio o resto de beneficios que aportan ao conxunto da sociedade os nosos montes: a auga que bebemos, o aire que respiramos, a paisaxe, lugares de lecer…para o mundo científico os ecosistemas forestais sempre foron e segen sendo a día de hoxe os chamados “Santuarios de Biodiversidade”.

Mais como organización sindical tamén hai outro elemento que nos preocupa fondamente: as condicións de traballo e o emprego dun crecente número de traballadores/as adicadas a prevención e extinción dos incendios forestais, (traballadores/as forestais, axentes forestais/medioambientais, protección civil, pilotos de medios aéreos, corpos e forzas de seguridade…), e as súas condicións de traballo, a súa estabilidade no emprego, a súa formacióne profesionalidade, as súas condicións de seguridade e saúde; todos estes condicionantes están íntimamente interrelacionados coa eficacia nas labouras de prevención e extinción dos incendios.

Os dados e as opinións dos traballadores/as e das organizacións representativas do sector poden, deben e xa son noutros territorios do noso entorno esenciais en boa medida para a solución de tan grave problema.

Os incendios forestais constitúen o principal problema medioambiental do noso país e é o maior factor de destrucción da cuberta vexetal dos nosos ecosistemas. Cada ano Galicia sofre unha media de 10.000 incendios forestais (media da U.E. 45.000 incendios forestais). Centos de millóns de Euros calcinados nunhas poucas xornadas poñen en entredito a viabilidade dun sector estratéxico para o conxunto do país desde o punto de vista económico, ecolóxico e social. Centos de millóns de Euros perdidos pola actuación premeditada ou neglixente de cidadáns, na ampla maioría dos casos as súas actuacións delictivas quedan impunes por falla de medidas axeitadas.

Dende 1988 arderon máis de medio millón de hectáreas, aproximadamente a cuarta parte da superficie forestal de Galicia. A incidencia dos incendios forestais  no noso país é de 8 a 12 veces superior á media estatal (un incendio por cada dous quilómetros cadrados de superficie forestal, a media estatal é de un incendio por cada vintecinco quilómetros cadrados de superficie forestal).

* Dados oficiais da Consellaría de Medio Ambiente e do Ministerio de Medio Ambiente

As consecuencias dos incendios son nefastas: erosión do solo, destrucción de flora e fauna, deterioración da paisaxe, contribución ao cambio climático global, perdas económicas que poñen en entredito a viabilidade socioeconómica de amplas zonas, destrucción duns ecosistemas estratéxicos para o conxunto do país.

Detrás dos incendios forestais consideramos que non existe ningunha mafia organizada. As causas son heteroxéneas e as políticas levadas adiante polas distintas Administracións Públicas teñense demostrado ineficaces. O esforzo inversor centrouse principalmente nos medios de extinción e moi pouco na silvicultura preventiva.

A pesares dalgunhas medidas administrativas, non se aprecia que se atallen suficientemente as causas polas que se producen os lumes forestais: queimas agrícolas, queimas de montes para pastos, queimas autorizadas que se descontrolan, intereses diverxentes pola caza, falla de control e seguimento de incendiarios cun mobil especulativo, lumes para destruir refuxios de especies faunisticas que provocan dano no agro…

ALGUNHAS PROPOSTAS

Prevención:

Dende CC.OO. consideramos que a prevención é a peza clave para rematar coa lacra incendiaria.

•	As repoboacións que se realicen a partires de agora deben facerse predominantemente con especies autóctonas, de maneira diversificada (mosaicos) e con especies e zonas que favorezan o efecto barreira (áreas cortalumes en vez de grandes devasas cortalumes).

•	Para a prevención son fundamentais os tratamentos selvícolas permanentes. Obviamente esto esixe a contratación de traballadores/as o longo de todo o ano e a súa estabilidade laboral. Para elo é preciso o impulso de novas políticas de emprego, incrementando as inversións públicas e privadas. Resulta fundamental para acabar cos lumes forestais a revitalización económica/demográfica do mundo rural. A elaboración dun estudo sobre as necesidades de emprego na prevención e a extinción dos incendios sería de gran utilidade para definir e acometer estas políticas.

•	Débese de fomentar a recuperación de actividades tradicionais de aproveitamento de leñas, pastos, cogumelos, gadeiría extensiva que vincule as comunidades rurais co monte. Tamén se debe de realizar un control e unha vixiancia máis rigurosa dos usos culturais do lume; as queimas controladas non son a solución para o tratamento da biomasa forestal, hai alternativas, hai medios técnicos e incluso fondos da U.E para evitar o uso tradicional do lume (medidas agroambientais).

•	É necesario implementar plans específicos para a utilización enerxética da biomasa forestal residual. Moitos dos restos de limpezas selectivas acumúlanse, sen recoller, ao pé de camiños, pistas e todo tipo de vías de comunicación, vexetación altamente combustible agravando as labouras de extinción cando xa se produciu o incendio.

•	Débese de incorporar de maneira máis profunda os criterios de desenvolvemnto sostible o ámbito rural, de maneira que se considere a biodiversidade como un valor social e de desenvolvemento.

•	É necesario acometer a realización dun inventario de zonas de cultivo (abandoadas ou en activo) que se atopen no medio forestal, co fin de diseñar áreas cortalumes “naturais” función que realizaron durante séculos sen supor os custes económicos, os impactos ambientais e a erosión que supoñen as actuais redes de grandes devasas “cortalumes”. Estas áreas axudarian ao mantenemento da biodiversidade e da paisaxe.

•	Traslado o eido educativo dos contidos e coñecementos ambientais e fomento en toda a sociedade de valores que favorezan comportamentos compatíbeis coa preservación e mellora do medio (campañas de concienciación e sensibilización a toda a cidadanía).

•	Un cambio na política agro-forestal, coa revisión do Plan Forestal de Galicia e dos Plans de Loita Contra o Lume (INFOGA).

•	Potenciamento de sectores industriais e empresariais que centren o seu traballo na conservación de masas forestais e na prevención de incendios.

•	Hai unha alta siniestralidade polo traballo desenvolvido na prevención e extinción dos incendios, é preciso o cumprimento das normas preventivas para por freo os accidentes laborais que se producen, facer recoñecementos médicos específicos e facer un seguimentop das enfermidades profesionais.

Extinción

•	Algunha das medidas para facer máis doadas as labouras de extinción ou para establecer barreiras contra o lume, como son a apertura de grandes pistas ou grandes devasas cortalumes téñense demostrado a veces ineficaces. Consideramos que é máis positivo e eficaz unha estratexia baseada nunca vixiancia permanente dos ecosistemas forestais e a intervención inmediata das brigadas de traballo (brigadas de prevención e extinción). De tódalas maneiras, como xa apuntamos antes, a mellor defensa para evitar a propagación dos lumes son as áreas naturais cortalumes (mezcla de especies e disposición das masas forestais en forma de mosaico).

•	A transferencia de boa parte dos equipos de extinción aos concellos (aproximadamente 4.000 traballadores/as na tempada de máximo risco -xullo, agosto, setembro-) produce descoordinación, desprofesionalización, falla de homoxeneidade, menor eficacia, falla de control nas contratacións e na maioría dos casos precariedade laboral (non hai convenio do sector polo que se producen abusos e multiples irregularidades). Consideramos que se melloraría moito a eficacia e a profesionalidade tanto en labouras preventivas como de extinción si a estes equipos se lle amplia a súa contratación a un mínimo de seis meses, que esta contratación sexa realizada pola Consellaría de Medio Ambiente, que se lle aplique o convenio único da Xunta de Galicia e a contratación se realice baixo os principios constitucionais de publicidade, merito e capacidade.

•	É imprescindible a coordinación e implicación na conservación do patrimonio natural de tódalas Consellarías do Goberno Galego e a mellora da coordinación coas Administracións Públicas central e local. Tódolos medios que teñan capacidade de intervención en incendios forestais (materiais e humanos) con que contan o conxunto das Administracións Públicas deben de estar dispoñibles e actuar nestes sinistros.

•	Control do sector forestal centrado en aspectos como a extinción de incendios, a reforestación, o aproveitamento da madeira, a caza, o pastoreo, etc., co fin de que os seus beneficios non dependan directamente do aumento do número de incendios ou da superficie queimada.

Persecución dos infractores

•	É preciso incrementar os recursos e a coordinación na investigación da causalidade dos incendios forestais. Esto é clave para a correcta planificación das actividades preventivas, ademáis de servir como avaliación das medidas adoptadas.

•	Hai que incrementar os medios para perseguir aos autores dos incendios intencionados e as negligencias. Non poden quedar impunes un porcentaxe tan alto de delictos de incendios forestais. A regulación actual do Código Penal e razonablemente axeitada.

•	Para asegurar a eficacia da prohibición do cambio de uso forestal dos terreos afectados polos incendios, deberíase determinar con carácter básico na propia Lei de Montes os prazos e procedementos para a aplicación efectiva de dita prohibición.

•	Os axentes forestais/axentes medioambientais e outros colectivos de policía xudicial suficientemente preparados deben de realizar unha primeira investigación sobre a orixe do lume e demáis circustancias relevantes para identificar as causas e os autores. Para mellorar a eficacia na persecución dos infractores e preciso o recoñecemento expreso na Lei de Enxuizamento Criminal do carácter de policía xudicial dos axentes forestais/axentes medioambientais así como o apoio en ditas funcións por parte da Consellaría de Medio Ambiente. Dado que o incendio forestal e un delicto tipificado no Código Penal a investigación debería cursarse ás fiscalías ou xulgados competentes.

Para a pertinente apertura de delixencias de investigación penal é moi importante que existan fiscais especializados en medio ambiente en cada Audiencia Provincial.

Dialogo e busca de solucións

Xa apuntamos o principio e volvemos a incidir nelo, desde o Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia consideramos que o eixo básico para a solución a gravidade do problema dos incendios forestais está no diálogo, buscar solucións entre o conxunto da sociedade a unha situación que xa levamos aturando demasiado tempo.

Fai escasamente dous anos e despois dunha queixa realizada por varias organizacións, entre elas CC.OO., o Valedor do Pobo recomendáballe a Xunta de Galicia que se tiñan que establecer mesas de diálogo para buscar solucións á problemáticas dos incendios forestais. A pesares das recomendacións e da práctica e experiencias doutros territorios o Plan INFOGA e demáis medidas no sector forestal a Xunta de Galicia segue a aplicalos de forma unilateral sen ter en conta a opinión das organizacións sociais.

Recentemente, 2 de decembro de 2004, Decreto 306/2004 creouse o Consello Forestal de Galicia, curiosamente as organizacións sindicais quedan fóra deste Consello, ¿quen representa no Consello entón a uns 40.000 traballadores que ten a industria da madeira? ¿Por qué tanto medo ao diálogo cos representantes legais dos traballadores/as?.

No Sexto Programa Comunitario de Medio Ambiente 2001-2010 recóllese específicamente no apartado tituado AMPLIACIÓN do DIÁLOGO o seguinte: “…moi especialmente na elaboración de políticas, dar a oportunidade a tódolos grupos interesados de que influan na toma de decisións. Entre eses grupos deben de incluirseos sectores que representan intereses económicos, as autoridades nacionais, rexionais e locais, e os grupos de medio ambiemte.

As organizacións non gubernamentais (ONG) teñen un importante papel que desempregar a hora de canalizar as opinións do “home da rúa” cara os responsabeis políticos, participando en grupos de expertos ou técnicos e controlando a aplicación da lexislación…”.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2005.

Cartaz da manifestación
Clica na imaxe para obtelo a maior tamaño.

Decálogo en defensa do monte
O Comité de Defensa do Monte Galego é unha plataforma nacida en Ourense e de ámbito galego formada por diferentes organizacións unidas para reclamaren unha nova política agro-forestal e de loita contra os lumes.

As demandas do Comité sintetízanse nos seguintes puntos:

PRIMEIRO.- A modificación do Consello Forestal Galego, deberá revisarse a composición actual e integrar a todos os axentes sociais. Del sairá un órgano consultivo e representativo multisectorial, a semellanza do que ocorre nos países do noso contorno.

SEGUNDO.- Un cambio na política agro-forestal, coa revision do Plan Forestal de Galicia e dos Plans de Loita Contra o Lume (INFOGA), para acadar o consenso necesario entre todos os grupos políticos e sociais, en particular dos propietarios forestais.

TERCEIRO.- A Fiscalía contra incendios debe ser dotada de medios técnicos, humanos e económicos para mellorar a investigación dos lumes, nesta tarefa é necesaria unha perfecta coordinación entre as forzas de orde pública e os servizos forestais.

CUARTO.- Transparencia e rapidez no acceso á  información sobre incendios: facilitarlle á opinión pública o coñecemento da realidade, de xeito que poida reaccionar de forma positiva diante desta problemática. Emprego de satélites de teledetección para unha avaliación real do número de incendios e da superficie queimada.

QUINTO.- Os equipos de extinción de incendios deben estar baixo un mando único e depender na súa totalidade dunha soa Consellería. A transferencia dos equipos de extinción ós Concellos produce a súa descoordenación, desprofesionalización, falta de homoxeneidade dos equipos, menor eficacia e ampliación da estrutura político-caciquil, ao non haber control na contratación nin equidade nos salarios percibidos.

SEXTO.- Ordenación dos cultivos agrarios e forestais e mobilización produtiva das terras asignándollelas localizacións máis axeitadas, evitando o aumento da superficie ocupada por especies de medra rápida (eucaliptos, piñeiro “radiata”,…), ao tempo que a perda de mais Superficie Agraria Útil, parámetro no que Galiza xa ocupa o último posto da Unión Europea. Neste senso, resulta urxente elaborar plans de ordenación dos montes que contemplen os aproveitamentos agrogandeiros, compatíbeis coa existencia de matos e áreas boscosas multifuncionais.

SÉTIMO.- Posta en marcha inmediata de plans de restauración e recuperación das zonas afectadas por incendios nos últimos anos.

OITAVO.- Implicar na conservación e protección do patrimonio natural a todas as Consellarías do Goberno Galego e mellorar a coordenación coas Administracións públicas central e local.

NOVENO.- Trasladar ao eido educativo os contidos e coñecementos ambientais e fomentar en toda a sociedade valores que favorezan comportamentos compatíbeis coa preservación e mellora do medio (campañas de concienciación e sensibilización). Formar e informar especialmente ás Comunidades propietarias de montes, promovendo o sentimento de identidade positiva entre o veciño e o monte.

DÉCIMO.- Incremento dos investimentos para a prevención, que deberían  ser superiores aos de extinción. Estabelecer sistemas de axuda económica (subvencións e exencións fiscais, etc.) para montes públicos conveniados ou privados orientados á conservación.

DÉCIMO PRIMEIRO.- Fomentar a creación de emprego, así como a estabilidade das persoas que traballen en labores relacionados coa multifuncionalidade do monte, xa que resulta fundamental para acabar cos lumes a revitalización económico/demográfica do mundo rural onde se localizan as grandes superficies forestais. Cómpre tamén profesionalizar a tarefas de prevención, detección e extinción mediante creación de emprego fixo e con plans especificos de formación.

DÉCIMO SEGUNDO.- Control do sector forestal centrado en aspectos como a extinción de incendios, a reforestación, o aproveitamento da madeira, a caza, o pastoreo, etc., co fin de que os seus beneficios non dependan directamente do aumento do número de incendios ou da superficie afectada.

DÉCIMO TERCEIRO.- Potenciar a creación de sectores industriais e empresariais que centren o seu traballo na conservación de masas forestais e na prevención dos incendios.

Comité de Defensa do Monte Galego:

Amigos da Terra, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Bloque Nacionalista Galego (BNG), Confederación Intersindical Galega (CIG), Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU), Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común,  Sindicato Labrego Galego (SLG), Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) de Galicia.