ManifestaciónSeptember 20, 2005 10:11 am

Axuda a espallar a convocatoria da manifestación pola rede. Este blog irase actualizando coas novidades sobre a manifestación e con información sobre incendios e política forestal aportados polo Comité en Defensa do Monte Galego, así como as reseñas e novas relacionadas que aparezan nos medios de comunicación. Podes contactarnos no correo-e lumenuncamais@gmail.com.

Para enlazarnos dende o teu sitio web:

Banner horizontal
Báner horizontal. Clica na imaxe para obtelo a 760x175 px.

Baner cadrado
Báner cadrado.

Manifestación 10:03 am

LUME NUNCA MÁIS: MANIFESTACIÓN NACIONAL
1 DE OUTUBRO EN OURENSE

O Comité en Defensa do Monte Galego convoca a todos os cidadáns e cidadás de Galiza á unha manifestación nacional que terá lugar o vindeiro sábado 1 de outubro na cidade de Ourense ás 20:00 h para reclamar unha nova política forestal de prevención e loita contra os incendios que están a arrasar o monte galego. A saída terá lugar dende o Pavillón dos Remedios para rematar na Praza Maior, onde se dará lectura ao manifesto elaborado polo escritor Xosé Carlos Caneiro.

Baixo o lema LUME NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA, os diferentes colectivos que conforman este comité fai unha chamada ás institucións e á sociedade civil galega para que tomen conciencia das medidas urxentes que o comité reclama no documento de BASES EN DEFENSA DO MONTE GALEGO que adxuntamos.

Para presentar a convocatoria, as razóns e as propostas do Comité de Defensa do Monte Galego, así como os últimos informes sobre a catástrofe dos incendios no noso país, estarán presentes na rolda de prensa: Lito Prado, voceiro de ADEGA; Xosé Manuel González Gutiérrez, de Esquerda Unida; Xosé Santos, axente forestal e Henrique Banet, presidente da Fundación Galicia Verde e director do programa Senda Verde da TVG.


A rolda de prensa será este mércores 21 ás 11:30 na sé comarcal da C.I.G., no edificio sindical do Parque de San Lázaro, nº 12, 4º andar, en Ourense.

Prensa 9:50 am

Segundo o último informe emitido polo Ministerio de Medio Ambiente o pasado 11 de setembro, no que levamos de 2005 un 26,5% de monte galego máis que no 2004. E un terzo das hectáreas queimadas no territorio español eran galegas.

Galicia Hoxe, 19/09/05: Os lumes aumentaron nun 24,5% dende 2004.

Vieiros, 19/09/05: A superficie queimada en Galiza este ano é un terzo da total do Estado.

La Voz de Galicia, 19/09/05: Galiza acapara un terzo do terreo arrasado polos incendios neste ano.

Documentos 9:12 am

APORTACIÓNS DO SINDICATO NACIONAL DE GALICIA DIANTE DA PROBLEMÁTICA DOS INCENDIOS FORESTAIS PARA O CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL (CES)

O Sindicato Nacional de CC.OO. Galicia ven seguindo o problema que supoñen os incendios forestais e a súa evolución dende fai anos.
Esta preocupación da nosa organización é debida o interés pola conservación da natureza e dos ecosistemas forestais así como pola perda de recursos productivos de todo tipo, perda asociada aos efectos devastadores dos incendios forestais que tan negativamente afectan ás maltreitas economías e o emprego no medio rural. É moita a población rural que aínda vive dos nosos montes e bosques e do que representan estes ecosistemas naturais: madeira, cogumelos e froitos, gandeiría, turismo, caza, pesca, apicultura…mais como valoramos e quen lle pon precio o resto de beneficios que aportan ao conxunto da sociedade os nosos montes: a auga que bebemos, o aire que respiramos, a paisaxe, lugares de lecer…para o mundo científico os ecosistemas forestais sempre foron e segen sendo a día de hoxe os chamados “Santuarios de Biodiversidade”.

Mais como organización sindical tamén hai outro elemento que nos preocupa fondamente: as condicións de traballo e o emprego dun crecente número de traballadores/as adicadas a prevención e extinción dos incendios forestais, (traballadores/as forestais, axentes forestais/medioambientais, protección civil, pilotos de medios aéreos, corpos e forzas de seguridade…), e as súas condicións de traballo, a súa estabilidade no emprego, a súa formacióne profesionalidade, as súas condicións de seguridade e saúde; todos estes condicionantes están íntimamente interrelacionados coa eficacia nas labouras de prevención e extinción dos incendios.
(more…)